Sunday 05 de May de 2024

O V Ciclo de Cine e Música da Escola Magariños de Brión ofrecerá un maratón das seis primeiras películas de Star Wars


A Escola Municipal de Música Magariños de Brión organiza a quinta edición do Ciclo de Cine e Música, que este ano está terá como eixo central a saga de Star Wars, da que se proxectarán as seis primeiras películas. Así, a primeira cita será mañá martes 12 de abril na Aula 5 da ESMU Magariños, onde se proxectarán os filmes: “La Amenaza Fantasma” (16:00 horas), “El ataque de los clones” (18:30 horas) e “La venganza de los Sith” (21:00 horas).

Para o xoves 14 de abril queda a triloxía orixinal: “Una nueva esperanza” (16:00 horas), “El Imperio Contraataca” (18:30 horas) e “El retorno del Jedi” (21:00 horas). En ambos casos a entrada é libre e de balde ata encher aforo. Este V Ciclo de Cine e Música está organizado pola Escola Municipal de Música Magariños e conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.